
Na localidade estremeña de Zalamea de la Serena tivo lugar o SOPA 2016, «IV Congreso internacional sobre educación e socialización do patrimonio no medio rural», un foro de encontro onde máis de 140 participantes provenientes de España, América Latina e Reino Unido tivemos a oportunidade de dialogar, reflexionar, e aprender sobre novas estratexias e formas de actuar no rural.
Da man dos nosos amigos de Autoxiro presentamos de xeito conxunto «O Suído», un proxecto aberto e colaborativo que busca alertar da necesidade de atender o patrimonio presente neste territorio co fin de valoralo, divulgalo e conservalo. Para levalo acabo, deseñamos unha plataforma de doado acceso que nos permita interactuar con veciños, asociacións e colectivos desta zona , rompendo os límites administrativos dando lugar a unha verdadeira democracia rural, xerando actividades e riqueza nesta rexión galega.
O SOPA é un congreso diferente, innovador en formatos e gobernanza,
Sabah Walid & Juanjo Pulido
cuxo obxectivo principal é educar no común, que sitúa nas marxes
territoriais –rural– e que quere afianzarse como comunidade de aprendizaxes.
Eliximos o SOPA non só para presentar e lanzar o proxecto, senón para poñelo sobre a mesa co fin de compartilo con profesionais e «persoas» do ámbito do patrimonio que puidesen cuestionalo, retroalimentalo e engradecerlo.
O noso proxecto como moitos outros expostos no SOPA 2016 pretenden alertar sobre a necesidade de prestar atención ao patrimonio cultural no medio rural que se atopa en situación de desamparo administrativo fronte ao patrimonio monumental.

Desde o Suído queremos agradecer á vila de Zalamea de la Serena pola súa hospitalidade e todos as persoas que fixeron posible este SOPA 2016 magnífico, en especial a Sabah Walid e Juanjo Pulido de Underground Arqueoloxía por unha fantástica organización e unhas boas xornadas SOPEIRAS.