Eira de Doade

Marabillosa arquitectura popular desde a parroquia de Xirazga

Na parroquia de Xirazga no concello de Beariz, atópase  a “Eira de Doade” dentro do núcleo do que toma o seu nome. Este espazo era o lugar destinado  a “malla” dos cereais, unha das tarefas agrícolas tradicionais máis importantes do rural galego.

Esquema de distribución da eira. ©SuídoLAB

Este espazo  é unha “eira térrea” , feita sobre o terreo natural e situada na parte central do núcleo primitivo do poboado, nun espazo limítrofe co bosque. En canto ao seu réxime de propiedade, falamos dunha “eira de todos”, de carácter comunitario, posiblemente sometida a un sistema de quendas establecido entre veciños no tempo da trilla.

No marzo abrigo, na eira pantrigo.

Refrán popular.

Nas proximidades, atopamos 16 hórreos, lugares onde era almacenado o produto final procedente da trilla. Dispostos na súa maioría, cunha orientación norte-sur, buscábase garantir a correcta ventilación e conservación do alimento almacenado.

Hórreo de pedra entre dous de tipoloxía mixta. ©SuídoLAB

En canto aos materiais para a súa construción, preséntanse dúas tipoloxías: os de pedra e os mixtos (de madeira e pedra), estes últimos cunha maior presenza.

Hórreo mixto. ©SuídoLAB

A “eira” do mesmo xeito que os hórreos presentan un bo estado de conservación, aínda que estes últimos, na maioría dos casos perderon os seus elementos de madeira como consecuencia conxunta do paso do tempo e do abandono das tarefas de trillado.

Desde O Suído convidámolos a coñecer este fantástico espazo!

Prev
A bótica de Janeiro en Doade

A bótica de Janeiro en Doade

Viaxe a través dos extractos

Next
Eira grande de Magros

Eira grande de Magros

Coñecendo unha das eiras da aldea do avó "Pépe"