O Suído presente na Rede do Patrimonio Cultural

Encontro en Compostela entre as asociacións fundadoras

Hoxe 3 de xuño, tivo lugar o Museo ou Pobo Galego un feito histórico en Galicia, a creación da «Rede do Patrimonio Cultural Galego ». A rede busca ser un instrumento de axuda e difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si soas, resúltalles difícil acceder.

Fundación Rede do Patrimonio Cultural, Museo do Pobo Galega. ©Sole Felloza

Esta reunión inicial, é o resultado do traballo realizado durante meses polas entidades promotoras da iniciativa como a Asociación Cultura do País, Asociación Ecoloxista Adega, Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), Asociación Petón do Lobo, Colectivo a Rula, Gentalha do Pichel, Historiadegalicia.gal, Mariña Patrimonio, PatrimonioGalego.net e Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Los objetivos de la red son los siguientes:

A Rede do Patrimonio Cultural entende o noso patrimonio cultural como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos de Galicia e, polo tanto, un recurso estratéxico para a sociedade galega contemporánea que debe ser conservado e transmitido, nas mellores condicións, ás vindeiras xeracións.

  • A RPC acolle a entidades que teñan por obxectivos a defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial. É un instrumento orientado a aqueles ámbitos territoriais ou sociopolíticos que resultan de difícil acceso para cada unha das entidades en particular.
  • Poden participar na RPC as asociacións, colectivos e entidades civís interesadas na divulgación e protección do patrimonio cultural.
  • A RPC é un instrumento para a visibilización das actividades e accións das entidades participantes alén dos seus círculos habituais de difusión.
  • A RPC é tamén unha ferramenta de comunicación interna entre as entidades, que debe favorecer o intercambio de coñecemento e de experiencias entre todos os seus membros, especialmente naqueles eidos de coñecemento especializado (administrativo, xurídico, xestión, comunicación, etc.). Isto farase desde o núcleo dixital da rede: redepatrimonio.gal.
  • A RPC sitúa a educación, tanto a formal, impartida nos centros educativos como a informal, destinada á sociedade en xeral, como un obxectivo central no seu desenvolvemento e nas súas accións.
  • A RPC considerará o ámbito cultural da Eurorrexión e outras rexións limítrofes co territorio administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia como ámbitos de atención e incentivará a colaboración con axentes e entidades dos devanditos ámbitos.
  • A RPC camiñará cara a constitución dunha entidade formalizada administrativamente, co obxectivo de participar en procesos públicos como mesas sectoriais, órganos consultivos ou similares.

A rede está constituída nestes momentos por 69 entidades que representan a pluralidade dos intereses do patrimonio cultural, desde asociacións locais, comarcais, rexionais ou nacionais.

Desde O Suído estamos moi orgullosos de poder formar parte desta magnífica iniciativa que nos permitirá establecer xerar unha infinidade de sinerxías que repercutan na conservación, e divulgación do patrimonio cultural non só da nosa serra senón de toda Galicia.

Un saúdo desde O Suíd” e feliz inicio de semana!

Prev
O Suído no «Salón do MARCO»

O Suído no «Salón do MARCO»

O Suído achégase as Rías Baixas

Next
Libera 1m2 na Carballeira dos Prados

Libera 1m2 na Carballeira dos Prados

Unidos na loita contra a Basuraleza