
O pasado 15 de decembro estivemos por en núcleo de Laxedo na parroquia de Covelo na Lama acompañando ao noso amigo e veciño Lino Cendón na presentación do seu libro «Os lugares dá memoria» que recompila toda a recollida de toponimia realizada polo neste lugar do termo municipal. O acto foi organizado pola Asociación de veciños de Laxedo da man do seu presidente Iñaki Touriño que exalto o marabilloso traballo deste veciño exemplar.
Lino foi acompañado por un grupo moi numeroso de veciñas e veciños non só da parroquia de Covelo senón de todo o termino municipal da Lama e concellos limítrofes, así como Ana Fernández Melón que realizo a revisión lingüística do libro, así como o noso compañeiro Manuel Bugallo que realizou o deseño e maquetación, realizando un bo traballo conxunto.

O estudo toponímico de Laxedo e da parroquia de Covelo constitúe un traballo de investigación e recuperación da memoria colectiva a través dos nomes do territorio. A publicación analiza o significado e a importancia da toponimia como patrimonio cultural inmaterial, explicando o seu valor na vida cotiá das persoas, a súa utilidade para a orientación —especialmente no caso das persoas con discapacidade visual— e o seu papel como depositaria da memoria histórica e social da comunidade.
En palabras de Lino:
Hoxe en día non nos podemos referir a un nome dun lugar polo seu uso do día a día, xa que o ser humano se volveu máis e máis urbanizado. Por isto os topónimos teñen un valor incalculable, porque axudan a preservar a personalidade e identificación dun lugar.
O traballo presenta a evolución do propio proxecto de recompilación toponímica, a metodoloxía empregada e o proceso de documentación realizado coa veciñanza. A continuación, contextualiza historicamente Laxedo e afonda na orixe do seu topónimo, para posteriormente abordar o conxunto das aldeas da parroquia de Covelo e os seus principais espazos nomeados.

A parte central da investigación organízase arredor dos «lugares con memoria», recollendo e interpretando os topónimos vinculados á auga, aos camiños, aos campos de cultivo, ás costas, ás construcións tradicionais, aos montes, aos outeiros, ás laxas e ás serras, incorporando tamén a delimitación histórica dos montes comunais. Finalmente, o estudo dedica unha especial atención ao espazo da Santa Mariña, reconstruíndo a súa dimensión territorial, histórica e simbólica mediante a análise da ruta tradicional, das súas fontes, dos lugares singulares e das transformacións sufridas nas últimas décadas, reivindicando a conservación deste patrimonio e o seu vínculo coa identidade e coa memoria da comunidade local.

Queremos agradecer a Lino por tan estupendo traballo, á Asociación de veciños de Laxedo polo seu traballo continuo na preservación e divulgación do noso patrimonio cultural e todas as veciñas que nos acompañaron.
Forza Laxedo!