O LoboLAB foi seleccionado!

A nosa proposta “LoboLAB. Pegadas invisibles en Serra do Suído” foi elixida entre 170 proxectos como parte dos 25 laboratorios da “Rede Ibérica de Laboratorios de Cultura Comunitaria e Ruralidades“. Estamos moi agradecidos por formar parte desta marabillosa iniciativa!

A Rede Ibérica de Laboratorios de Cultura Comunitaria () é unha experiencia piloto que en 2026 impulsa máis de 30 laboratorios de cultura comunitaria en diferentes localidades de España e Portugal.

Os laboratorios de cultura comunitaria son espazos de encontro nos que experimentar e crear de xeito colaborativo proxectos culturais e iniciativas orientadas a mellorar a vida en común.

A rede busca que cada laboratorio promova novos proxectos de cultura comunitaria e innovación social no seu contexto local, á vez que se fomenta a cooperación a distancia -rexional, estatal e internacional- entre os distintos laboratorios.

A RILCC está impulsado polas seguintes entidades: A Ortiga Colectiva, A Ponte Ecomuseo, O Cinorrio, GRIGRI e o Programa de Extensión Universitaria da Universitat Jaume I, de España; e a Universidade de Aveiro, a Rede de Bibliotecas de Lisboa, A-GRUPA e Planeta Alecrim Associação, de Portugal.

A RILCC apóiase na experiencia previa na organización de laboratorios cidadáns das entidades impulsoras e en especial da Rede de laboratorios cidadáns de Castelló promovida polo Programa de Extensión Universitaria da Universidade Jaume I. Conta coas axudas do Ministerio de Cultura destinadas a proxectos culturais con especial impacto social e para proxectos de cooperación cultural no medio rural.

Prev
Noite de mortos en Laxedo

Noite de mortos en Laxedo

Un ano máis repetindo experiencia con OitavenLife

Next
Encontro dá Rede Ibérica de Laboratorios de Cultura Comunitaria e Ruralidad

Encontro dá Rede Ibérica de Laboratorios de Cultura Comunitaria e Ruralidad

Os labs xuntos por Almedíjar, Castelló