
Tras a recepción de propostas na convocatoria de ideas do Laboratorio Cidadán de LoboLAB decidimos traballar coas 6 ideas presentadas que buscan poñer en valor o patrimonio cultural (material e inmaterial) e o natural, incentivando a participación veciñal e fomentando a creatividade co fin último de fortalecer o tecido comunitario da Serra do Suído.
Co obxectivo de desenvolver estas propostas de forma colaborativa, abrimos unha convocatoria de colaboradoras desde o 1 ao 31 xullo, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en implicarse nalgún dos proxectos e participar no seu proceso de prototipado coa idea de darlle forma e desenvolver a súa materialización.
O 3 de xullo será presentada a convocatoria na Casa do pobo de Xesta (Concello da Lama, Pontevedra, España) a toda a comunidade local invitándolle a participar.
Cada idea poderá contar con ata 5 colaboradoras (30 en total), polo que te animamos a inscribirte canto antes para asegurar a túa participación.
A participación está aberta a calquera persoa, sen necesidade de experiencia previa, que queira contribuír desde os seus coñecementos, intereses ou inquietudes ao desenvolvemento das ideas seleccionadas.
Convocatoria
1 ao 31 de xullo período de inscrición para persoas colaboradoras.
Presentación comunitaria
3 de xullo presentación na Casa do pobo de Xesta a partir das 20.30 despois dentro do marco da reunión da Comunidade de montes de San Bartolomeu de Xesta.
Talleres preliminares flexibles
Na primeira fase traballaremos de forma individual e colectiva as ideas presentadas para ilas madurando durante todo o mes co fin de facer unha análise e diagnose correcta que nos permita identificar fortalezas, oportunidades, debilidades e ameazas das propostas, así como posibles sinerxías territoriais.
Desenvolveremos en encontros e talleres preliminares (presenciais e en liña) previstos nas fins de semana do mes de xullo. Dadas as características do noso territorio iremos depurando o contido, duración e localización dentro das terras do Suído.
- Sábado 11 e/o domingo 12 de xullo
- Sábado 18 e/o domingo 19 de xullo
- Domingo 26 de xullo
Os talleres son gratuítos.
Taller central
O agosto teremos un taller comunitario para traballar todas as propostas de forma máis holística no local social da Carballeira de los Prados (Xesta, A Lama, Pontevedra).
- Sábado 8 de agosto de 10:00 a 20:30 horas
- Sábado 9 de agosto de 10:00 a 13:30 horas
O taller é gratuíto, o sábado 8 teremos comida comunitaria incluída, zonas de descanso no medio da robleda e posibilidade de baño na praia fluvial da Carballeira dos Prados no río Xesta.
Todo o proceso contará, en todas as súas sesións, co apoio, mentorización e acompañamento do equipo do Laboratorio Cidadán LoboLAB promovido pola Asociación ambiental e cultural serra do Suído (SuidoLAB)
Anímate a participar enchendo o seguinte formulario de inscrición: