Eira grande de Magros

Coñecendo unha das eiras da aldea do avó «Pépe»

Na parroquia de Santa María de Beariz no concello de Beariz, atópase  a “Eira grande de Magros” dentro do núcleo do que toma o seu nome. Este espazo era o lugar destinado  a “malla” dos cereais, unha das tarefas agrícolas tradicionais máis importantes do rural galego.

Esquema de distribución da eira. ©SuídoLAB

O home, na leira; a muller, na lareira.

Refrán popular

Este espazo  é unha “eira térrea” , feita sobre o terreo natural e situada na parte central do núcleo primitivo do poboado, nun espazo limítrofe co bosque. En canto ao seu réxime de propiedade, falamos dunha “eira de todos”, de carácter comunitario, posiblemente sometida a un sistema de quendas establecido entre veciños no tempo da malla.

Agrupación con orientación este-oeste. ©SuídoLAB

Agrupación con orientación este-oeste. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

Nas proximidades, atopamos 9 hórreos, lugares onde era almacenado o produto final procedente da trilla. Dispostos na súa maioría, cunha orientación este-oeste, buscábase garantir a correcta ventilación e conservación do alimento almacenado. En canto os seus materiais construtivos, presenta unha tipoloxía mixta de pedra e madeira.

Hórreos de tipoloxía mixta. ©SuídoLAB

Nas proximidades da eira atopamos 9 hórreos, onde era almacenado o produto final procedente da malla. Dispostos na súa maioría, cunha orientación este-oeste, buscábase garantir a correcta ventilación e conservación do alimento almacenado. En canto os seus materiais construtivos, presenta unha tipoloxía mixta de pedra e madeira.

Cubertas de lousas de pedra. ©SuídoLAB

Do mesmo xeito que a “Eira de Doade”, a propia “eira”e  os hórreos que a rodean, presentan un bo estado de conservación, aínda que estes últimos perderon os seus elementos de madeira como consecuencia do paso do tempo e do abandono das tarefas de mallado.

!Desde O Suído convidámolos a “mallar” un pouco!

Prev
Eira de Doade

Eira de Doade

Marabillosa arquitectura popular desde a parroquia de Xirazga

Next
Eira de Barroso

Eira de Barroso

Unha agrupación con vistas ao val no concello de Avión