Laxedo do Conde Cabanelas na REFU

REFU é unha rede interinstitucional creada para promover o intercambio académico e a produción científica sobre os procesos morfoxenéticos da cidade, os métodos de análises e os seus impactos sociais, ambientais e económicos. Para iso, impulsa a mobilidade de estudantes e profesorado, organiza un seminario itinerante para o intercambio e debate de avances de investigación, difunde os seus resultados mediante publicacións científicas e fomenta o desenvolvemento de proxectos de investigación conxuntos que fortalezan a colaboración entre institucións.

Os días 13 e 14 de maio de 2021 celebrouse o XII Seminario da Rede de Estudos da Forma Urbana (REFU), titulado A interdisciplina no estudo da forma urbana, organizado pola área de Investigación Arquitectura e Urbanismo Internacional da Universidade Autónoma Metropolitana (UAM) de Ciudad de México. O encontro reuniu á comunidade académica para debater sobre a relevancia da cooperación entre disciplinas no estudo dos procesos morfolóxicos das cidades. Neste marco, os nosos compañeiros Manuel Bugallo e Cristina Villaverde presentaron o artigo científico «A paisaxe do Cabanelas. A pegada do conde en Laxedo», que posteriormente foi publicado nunha publicación colectiva que reúne as contribucións do seminario.

Desde o SuidoLAB estamos moi contentas por esta publicación que pon en valor non só un núcleo pertencente ao concello da Lama senón o traballo dos nosos compañeiros.

Forza Laxedo!

Prev
O Suído en Nature of cities

O Suído en Nature of cities

O The Nature of Cities Festival (TNOC) é un evento global e interdisciplinario

Next
O Suído en Especie de Espazos 2022

O Suído en Especie de Espazos 2022

Proxecto cultural promovido polo Colectivo Espazo 16, do Concello de Barro