As paisaxes da diáspora

Desde o século XX ata o século XXI, a emigración da poboación das terras da Serra do Suído cara a Latinoamérica foi un elemento clave na configuración dos vínculos sociais, culturais e económicos entre ambos os territorios. Aínda que países como Cuba, Brasil, Venezuela, Uruguai, Arxentina e Panamá recibiron un importante número de emigrantes, foi durante a segunda metade do século XX cando México se consolidou como o principal destino desta corrente migratoria.

A creación de redes familiares e comunitarias favoreceu a conservación da identidade de orixe e mantivo unha estreita relación coa comarca. Na actualidade, estes lazos reflíctense no turismo de nostalxia, impulsado polo regreso temporal de emigrantes e dos seus descendentes para coñecer as súas raíces, contribuíndo así á preservación do patrimonio migratorio e ao fortalecemento das relacións históricas, culturais e turísticas entre as terras de Serra do Suído e México.

O turismo de nostalxia defínese como o desprazamento periódico de migrantes desde os seus lugares de residencia cara ás súas comunidades de orixe durante períodos curtos. Este fenómeno está conformado por persoas migrantes que regresan temporalmente para participar en actividades sociais, familiares e culturais que teñen lugar en determinadas épocas do ano.

A presente comunicación céntrase no estudo do turismo de nostalxia e o seu impacto en núcleos de poboación pertencentes a tres dos municipios que integran a Serra do Suído: A Lama (Pontevedra), Avión e Beariz (Ourense).

O noso relatorio céntrose sobre o turismo de nostalxia en serra, plasmado en manifestacións musicais, gastronómicas, relixiosas e a lingua que comparte espazo co galego e o castelán local.

Prev
Laxedo en Landuum

Laxedo en Landuum

Landuum Paisaxe é a primeira revista impresa e dixital bilingüe especializada en

Next
O Suído en Nature of cities

O Suído en Nature of cities

O The Nature of Cities Festival (TNOC) é un evento global e interdisciplinario