Serra do Suído + Serra de Gredos

O Land Art como nexo de unión

Cerro Gallinero é un centro de arte e natureza localizado en Hoyocasero (Ávila) entre as serras de Gredos e Paramera.

Concibido como espazo de relación entre as persoas e a paisaxe, Cerro Gallinero desenvolve proxectos artísticos que dinamizan a vida deste sector rural da serra abulense a través de procesos que implican artistas e veciñanza.

La nube, Carlos de Gredos. ©Cerro Gallinero

As similitudes entre Cerro Gallinero e O Suído levaron a establecer contacto con Carlos de Gredos, artista residente e alma máter do proxecto coa intención de realizar unha aprendizaxe mutua de ambos os espazos e liñas de colaboración.

El laberinto de Mogor-Hoyocasero, Helena Aikin. ©Cerro Gallinero

Habemos irmanado ambos os territorios coa idea de xerar sinerxías, alianzas e intercambios.

Deixámosvos a ligazón á web do «Cerro» pulsando no seguinte logotipo, non sen dar de novo as grazas a Carlos de Gredos pola xenerosidade de comezar esta nova andaina xuntos.

Prev
A paisaxe da morte na Lama

A paisaxe da morte na Lama

Os camiños son o primeiro vínculo entre o mundo dos vivos e o dos mortos

Next
Xesta Vella

Xesta Vella

Mapeo colectivo dentro do día do patrimonio