
O próximo 16 de novembro celébrase o Día Mundial do Patrimonio, desde «O Suído» como entidade da Rede do Patrimonio Cultural, faremos unha actividade dentro da parroquia de Xesta (Concello da Lama) o sábado 17 de novimebre na Casa do Pobo de Xesta.
Co nome «XESTA VELLA. Recuperando a historia e a memoria da parroquia» propoñemos levar a cabo un obradoiro coas veciñas e veciños desta parroquia lamesa, creando un espazo de intercambio e participación que axude a recuperar a historia e a memoria do lugar a través do rexistro de historias e relatos que permitan concienciar sobre a realidade social e cultural do patrimonio inmaterial.
Desde o Suído convidámolos a participar!