O pasado 7 de maio estivemos por Antas no concello de A Lama realizando un mapeo colectivo contra a depredación eólica.
O parque eólico Monte Peón é un proxecto promovido por Naturgy Renovables no municipio da Lama, con afección directa á parroquia de Antas. Desde a súa presentación xerou unha importante controversia social, ambiental e xudicial.
O mapeo foi realizado nunha xornada de manifestación no concello da Lama como parte das actividades de denuncia das irregularidades deste proxecto eólico.

Que é un mapeo?
Permite construír o coñecemento integral dun lugar a partir da participación e o compromiso da sociedade.
É unha ferramenta creativa que facilita a construción dun relato colectivo sobre un territorio.
Esta información se socializa nun espazo horizontal de encontro que apunta a capturar saberes e condensalos nun soporte común “o mapa”.
Está pensado como unha instancia de construción colectiva e participación aberta, permitindo o coñecemento crítico de diversas realidades a partir da memoria cotiá e os saberes non especializados: SABER POPULAR.
Neste mapeo intentamos recompilar o máximo de elementos afectados polo parque eólico desde elementos do patrimonio cultural material, inmaterial e natural.
A idea do mapeo era reflexiona en comunidade sobre esta agresión, coñecer de primeira man o sentir das veciñas e as súas preocupacións.