
O pasado 20 de xullo estivemos por Espiñeiro no concello de Avión realizando un mapeo colectivo para recuperar a memoria do lugar.
Que é un mapeo?
Permite construír o coñecemento integral dun lugar a partir da participación e o compromiso da sociedade.
É unha ferramenta creativa que facilita a construción dun relato colectivo sobre un territorio.
Esta información se socializa nun espazo horizontal de encontro que apunta a capturar saberes e condensalos nun soporte común “o mapa”.
Está pensado como unha instancia de construción colectiva e participación aberta, permitindo o coñecemento crítico de diversas realidades a partir da memoria cotiá e os saberes non especializados: SABER POPULAR.
As temáticas tratadas foron:
- Historias e lendas
- Antigos camiños
- Lugares de encontro
Seguimos traballando pola comunidade!