
O XI Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SOPA 2023) celebrouse no Estado de Morelos, México, do 13 ao 18 de novembro de 2023. Foi unha edición itinerante que pasou por Cuernavaca, Tepoztlán e Tlayacapan.
A Comunidade SOPA [rede iberoamericana pola xestión social do patrimonio cultural] é unha plataforma internacional e informal desde a que se planifican procesos de xestión comunitaria do patrimonio cultural e os bens comúns.
A través de dinámica colaborativas, talleres, intervencións no espazo público, comunicación e deseño, promovemos as aprendizaxes, as conexións, o acceso e a transmisión dos comúns, activando procesos de democracia cultural e emancipación do coñecemento, principalmente no medio rural.
Esta comunidade está formada por persoas e institucións, tanto europeas como latinoamericanas, que proveñen das ciencias sociais, a arquitectura, a pedagoxía, a comunicación, o deseño e a arte. É unha grupo flexible, no que museos, universidades, centros de investigación e mediadoras culturais, implícanse en proxectos de conexión entre a cidadanía, as administracións públicas e as institucións científicas e educativas. Esta rede esta coordinada pola colectiva estremeña UNDERGROUND┃Arqueoloxía Patrimonio & Xente.
Anualmente, desde a rede, xérase un evento, o Congreso SOPA: Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural, que impulsa e consolida o sentimento colectivo, o compromiso coa comunidade, a emancipación do coñecemento mediante a expansión dos saberes, e a co-creación de contidos e metodoloxías.
O Congreso SOPA pretende explorar novas vías investigadoras de análises que permitan comprender a relación patrimonio-sociedade, e propiciar un intercambio de coñecemento entre o mundo académico e a comunidade a través do uso de novas ferramentas replicables en distintos contextos, para compartir procesos de coñecemento científico e memorias colectivas. En cada edición do SOPA, xéranse ferramentas, propostas e accións, que posibilitan procesos e conexións entre xentes, saberes e afectos. O Congreso SOPA inicia a súa andaina en 2013, e ata o día de hoxe, alén de en España, celebrouse noutros países, como Portugal, Arxentina, Chile, México e Colombia.
Froito de toda estas sinerxías xurdiu, alén da Comunidade, A Descommunal [revista iberoamericana de patrimonio e comunidade].
Esta edición do Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural foi monográfica e estivo dedicada á Cociña Tradicional Iberoamericana, abordando temas como:
+ Saberes e sabores tradicionais.
+ Arquitectura tradicional.
+ Contornas e comunidades rurais.
Neste sentido a conferencia de «Deuses e maios» presenta un pequeno fragmento do estudo no núcleo rural de Laxedo do noso compañeiro Manuel Bugallo e Cristina Villaverde.
A conferencia aborda a intervención escultórica presente en Laxedo cos ciclos da agricultura, deidades grecorromanas e pagás, e como o urbanismo e a arquitectura serven de catalizador.
Deixamos o vídeo da charla realizada.