Hoxe celebramos o anuncio das ideas seleccionadas. Desde o SuidoLAB eliximos as 6 ideas presentadas co fin de impulsalas antes, durante e despois do laboratorio cidadán a celebrarse no mes de agosto.
Queremos agradecer a todas aquelas persoas e colectivos que presentastes unha idea, propoñendo un traballo en rede e de mellora continua das ideas para a súa validación a través de probas piloto.
Nos próximos días coñeceremos un pouco máis de cada idea e abriremos a convocatoria de colaboradores.

Un saúdo desde a serra e grazas!