Presentamos a primeira idea do LoboLAB, “Abrigo dous pastores”. A posta en valor das estruturas tradicionais vinculadas ao manexo agrogandeiro con apoio na tradición oral para a posta en valor destes elementos.
“A fenda dá auga” busca poñer en valor o rural contemporáneo, o seu pasado e defendelo ante propostas de desenvolvemento irrespectuosas coa contorna e a vida dos seus habitantes cunha proposta artística.
En palabras das súas promotoras:
Identificar e conservar as construccións de abrigo asociados a ancestral cultura gandeira de Xesta e a presencia do lobo na serra.
Propoñemos dar a coñecer a paisaxe a través do patrimonio etnográfico que pervive nas chairas, onde currais, cortellos ou cabanas eran as construcción para abrigo dos pastores.
No caso do curral de Portomartiño (Borralleiro) limpar o entorno dos muros e crear un pequeno espacio de referencia, que se podería unir a outros elementos identificados para facelos accesibles.
Para desenvolvelo invitan as veciñas de Xesta a unirse mediante investigación, traballo de limpeza e información a visitantes do lugar mediante paneis ou enlaces QR.
Estamos moi agradecidas coa Aldea de Portomartiño pola proposta.