
Hoxe estivemos pola casa do pobo de Anceu desfrutando dun día marabilloso organizado por Rural Hackers e coordinada pola Imaginaria. Baixo o lema » Unión europea dos pobos» durante esta xornada compartimos con outros colectivos de innovación social inquietudes que nos moven cunha reflexión clara «Europa non está só en Bruxelas», atópase nas aldeas, na casas dos pobos, nas charlas compartidas e na xente que constrúe o futuro desde o territorio.
Moi agradecidas de compartir inquietudes con Meleiras do Suído, Darío Eyré, Muimenta viva, pangea aperta, Do Picho, o Concello de Ponte Caldelas e sobre todo ás veciñas de Anceu.
A seguir traballando por un rural vivo!