O Lobo LAB na revista  PH

Revista PH é unha publicación periódica que edita o Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico (IAPH) de forma ininterrompida desde 1992. En versión impresa entre 1992-2012, desde outubro de 2013 publícase en liña, gratuitamente e sen restricións no acceso e descarga dos seus contidos. Para desfrutar deste numero por completo vos deixámosvos unha ligazón ao número completo da revista para que poidan desfrutalo tanto como nós, simplemente pulsando nesta imaxe.

Revista PH está dirixida ás persoas e institucións que se ocupan do patrimonio desde a investigación, a profesión e a cidadanía, fundamentalmente no ámbito iberoamericano, e inclúe contidos interdisciplinares rigorosos, avaliados por pares, que non só mostran boas prácticas profesionais en calquera das fases da cadea de valor do patrimonio, senón tamén coñecemento orixinal demostrado con metodoloxía científica no campo da tutela patrimonial. De modo que revista PH é unha ferramenta de transmisión e transferencia do coñecemento xerado no IAPH e noutros organismos públicos e privados de investigación, alén de plataforma para a participación de todos os axentes patrimoniais, e de estímulo para o debate e a reflexión.

Simplemente agradecer a Carmen Mozo González (Dpto. de Antropoloxía Social, Universidade de Sevilla) e Carmen Guerrero Quintero (Dpto. de Publicacións, Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico) pola xenerosidade na elección do noso artigo.

Achegamos o noso pequeno gran de area cun artigo na edición deste cuadrimestre co artigo de actualidade «Paisaxes invisibles do lobo na serra do Suído», moi relacionado co LoboLAB e a nosa forma de achegamento ao territorio.

Un saúdo desde a serra.

Prev
Lobo LAB / Idea nº6- Os foxos do lobo do Suído

Lobo LAB / Idea nº6- Os foxos do lobo do Suído

Descubrindo trampas tradicionais ao longo da serra

Next
A unión europea dos pobos

A unión europea dos pobos

Hoxe estivemos pola casa do pobo de Anceu desfrutando dun día marabilloso