Presentación de VICVS

Obra dun bo amigo e veciño da serra

O pasado venres tivemos a oportunidade de ser convidados á librería Cartabón na cidade de Vigo á presentación do libro  “Vicvs. Un lugar do común” da man do noso amigo e veciño do Suído, o escritor Beto Luaces.

O libro editado por Bolanda Edicións, preséntase como unha novela negra cuxa trama se desenvolve no Suído, Vigo e Latinoamérica, na que o protagonista é o arquitecto vigués Senén Barreiro.

Mediante unha obra moi descritiva non só pon en valor a nosa serra senón que rende unha homenaxe á arquitectura viguesa e á emigración galega.

O escritor Beto Luaces na firma do seu libro “VICVS. Un lugar do común” na Librería Cartabón de Vigo

Estamos sumamente orgullosos de que un veciño do concello de Covelo resalte os valores materiais e inmateriais da nosa serra por medio dunha obra literaria.

Beto Luaces firmando os exemplares de Vicvs. ©SuidoLAB

Desde O Suído queremos convidalos a ler unha novela que sintetiza moitos elementos da cultura galega como son o mar e a montaña, a urbe e o rural, e como non, Galicia e a diáspora.

Grupo de persoas que acudiron á presentación na librería Cartabón. ©SuidoLAB

Un saúdo desde a serra e feliz comezo de semana!

Prev
Os morcegos da Lama

Os morcegos da Lama

Quirópteros pola nosa serra

Next
Arquitectura da morte na Lama

Arquitectura da morte na Lama

Estudo inicial sobre a visión da morte