O comercio da neve no Suido

Aprendendo un pouco sobre neveiras o pozos de neve

A Sierra do Suido, é un sistema montañoso que alberga cunha gran riqueza de patrimonio etnográfico resultado da adaptación do ser humano á contorna natural para o desenvolvemento de actividades sociais, económicas e culturais.

A abundante presenza de pasteiros como fonte de alimento para o gando, deu lugar ao xurdimento de varias tipoloxías construtivas na zona: chouzos, sesteiros e foxos do lobos. Estas construcións representan un claro exemplo da procura do home por adaptarse ás condicións impostas polo territorio. No entanto existe outro tipo de construción pouco coñecida polos aldeáns, que deixa aínda máis latente o esforzo humano de aproveitamento do medio que habita, referímonos ás chamadas « neveiras» ou pozos de neve.

O presente texto é un extracto do artigo «Neveiras do Suído» publicado na revista cultural A Pedreira do concello da Lama. Busca mostrar unha pequena aproximación sobre o comercio do xeo.

Antecedentes

En España atopamos cunha longa tradición no consumo de neve nos mundos romano e islámico, pero as primeiras referencias documentais e así como os restos arqueolóxicos que chegaron aos nosos días remóntanse á Baixa Idade Media. Os diversos estudos levados acabo ata os nosos días conclúen que a explotación da neve en Galicia estaba estreitamente relacionada coa orde do Cister, desde os séculos XII e XIII. Pero é a finais do século XVI e comezos do XVII cando comezou o verdadeiro auxe da almacenamento, produción e comercialización do xeo no territorio galego, aumentando o seu consumo de forma crecente ata o século XVIII.


O incremento da produción e consumo de neve a partir do século XVI non só estivo relacionado cun costume que se volveu popular no noso territorio senón tamén cunha serie de cambios climáticos que conlevaron un descenso das temperaturas e un incremento das precipitacións, estamos ante un suceso que os expertos denominaron «A Pequena Idade Glacial» ou «Miniglaciación».

A Pequena Idade Glacial

La Pequeña Edad Glacial fue un período frío comprendido entre los siglos XIV y XIX -entre los años de 1550 y el 1850- que afecto a Europa, Norteamérica y Asia. El período estuvo marcado por la expansión de las montañas glaciares principalmente en los Alpes, Noruega, Irlanda y Alaska.

Os estudos científicos determinaron como unha das posibles causas da orixe da Pequena Idade Glacial, a diminución da actividade solar chegando a un período denominado como o «Mínimo de Maunder» comprendido entre os anos de 1645 e 1715, durante o cal houbo unha escaseza no número de manchas solares, podendo afectar á temperatura media anual da terra.

A outra posible causa deste período foi a gran actividade volcánica rexistrada no ano de 1815. As cinzas ocasionadas pola erupción do volcán Tambora no que agora coñecemos como Indonesia, alcanzaron a parte alta da atmosfera formando nubes que impediron a penetración da radiación solar ocasionando unha diminución da temperatura mundial.

O ano seguinte, 1816, coñecido como «O ano sen verán» estivo marcado polas baixas temperaturas dando lugar á formación de xeo nos meses de xuño e xullo en varias zonas do norte de Europa e en Nova Inglaterra.

En Galicia, o empeoramento do clima prodúcese contorna ao ano 1565 con choivas xerais e intensas acompañadas cun incremento dos temporais, sendo o século XVII o período onde as condicións foron máis desfavorables pola frecuentes e abundantes choivas estivais, así como os grandes contrastes existentes entre os fríos invernais e os calorosos meses de verán. Todo isto favoreceu a «colleita» e produción de xeo nas distintas serras galegas.

As neveiras

As neveiras existentes en Galicia presentan moitas similitudes coas do resto da península Ibérica, a conca do Mediterráneo e o resto de Europa. Polo xeral son construcións de forma circular ou semicircular -nalgúns casos poden ter forma rectangular como a neveira de Vilar de Condes- escavadas no terreo a modo de pozo cunhas dimensións de diámetro e profundidade que varían en función das condicións climáticas da zona e a cantidade de neve a almacenar.


Co fin de conservar a neve no seu interior, presentaban unha envolvente que lles permitise estar o mellor illadas posible. Para iso, os seus muros estaban resoltos na maioría dos casos por un dobre muro de cachotería de pedra trabado con barro e terra que cumpría coa función illante e de soporte da estrutura de cuberta.


O fondo ou chan da neveira estaba resolto mediante un lousado de pedra que incorporaba unha canalización ou sistema interior de desaugadoiro que evitará que a neve estivese en contacto coa auga produto da desconxelación. Sobre este pavimento colocábase un armazón de madeira que permitise elevar a neve, impedindo o seu contacto co fondo e facilitando a evacuación de auga.


En ocasións, algunhas das neveiras contaban cun foso perimetral exterior que impedía o acceso da auga de choiva ao interior para evitar o desxeo da neve. O paso sobre o mesmo estaba resolto por un conxunto de laxas de pedra que fromaban unha pequena ponte.

Recreación de neveira na serra, vista aérea. ©SuídoLAB


Inicialmente, o sistema de cubrición estaba formado por un tellado a unha ou dúas augas realizado a base dun armazón de madeira cuberto por palla ou tella. A cuberta foi evolucionando ata resolverse por medio dunha bóveda de pedra que dotaba á neveira dunhas prestacións térmicas mellores. Alén de reducir os custos de mantemento pola substitución continua da armazón ou das tellas por desprazamentos ou roturas de material como consecuencia da acción do vento e os animais de pastoreo.

A colleita e peche da neve
Os traballos correspondentes á colleita comezaban no momento da caída das primeiras nevadas, existindo unha serie de labores que tiñan que estar realizadas con prema para que a recolección fóra exitosa.

Preparación do terreo
No mes de novembro producíase a convocatoria dos colleiteiros ou encargados da neve por parte dos propietarios da neveira ou da poza, -que en moitos casos recaía sobre os curas das parroquias inmediatas- que axudados por xornaleiros encargábanse da limpeza dos terreos empregados para a recollida da neve, quedando estes libres de pedras e vexetación.

Limpeza
A limpeza no interior da neveira consistían na comprobación do bo funcionamento do desaugadoiro e a revisión da armazón de madeira do fondo .


No exterior inspeccionábanse e arranxaban os posibles danos no tellado e procedíase á limpeza de toda a maleza que crecese nas inmediacións.


As pozas eran reconstruídas en caso de estar moi deterioradas, eliminábase toda a vexetación e pedras do seu interior e comprobábase o bo funcionamento do desaugadoiro.

Recollida
O encargado da neve esperaba ás primeiras nevadas abundantes, co fin de subir aos terreos de recollida e comprobar que a cantidade fose suficiente para comezar os traballos de recolección. Convocaba a todos os xornaleiros na súa casa facilitándolles os instrumentos necesarios para a recollida como sachos, angarillas e pisones, lembrándolles que debían de ir ben abrigados.


Ao chegar aos terreos, os xornaleiros procedían a recoller a neve cos sachos para o seu posterior transporte á neveira por medio de angarillas. Unha vez nela, procedían ao recubrimento interior do fondo e das paredes por medio de palla, funcionando como un bo illante.

Recreación de neveira na serra, vista sección. ©SuídoLAB

Posteriormente os xornaleiros distribuían a neve no interior, compactándoa por medio de pisones para formar capas de 50 a 60 cm. de espesor intercaladas por unha capa de palla co fin de impedir que se formará un gran bloque de xeo dentro da neveira, facilitando a súa posterior corte e transporte.

Peche
Unha vez colleitada toda a colleita procedíase ao peche da neve que comezaba desde as primeiras semanas de febreiro ata finais de maio ou principios de xuño, período no que a neve se endurece para posteriormente ser cortada polo nevero.
No verán comezaba o consumo do xeo, o cal ía ser retirado ás neveiras principalmente polas noites para aproveitar a frescura desta parte do día para poder ser transportado co fin de evitar o menor número de diminucións posibles.

Neveiras na parroquia de Xesta

Na parroquia de Xesta fálase polo menos da existencia de dúas neveiras, a de Catro Camiños e a de Ponte do Pao. Desta última mostramos unha imaxe exterior do seu emprazamento onde se pode apreciar a súa forma circular cuberta por vexetación. Sinalar que falamos dunha hipótese a espera de poder contar algún día cunha campaña arqueolóxica que a comprobe.

Neveira do Ponte de Pau no monte comunal de Xesta, A Lama. ©SuídoLAB

Prev
Foxo do lobo de Xesta

Foxo do lobo de Xesta

Trampa milenaria no alto de Pigarzos

Next
O Suído no «Salón do MARCO»

O Suído no «Salón do MARCO»

O Suído achégase as Rías Baixas