A memoria do lugar

O pasado 20 de xullo estivemos por Espiñeiro no concello de Avión realizando un mapeo colectivo para recuperar a memoria do lugar.

Que é un mapeo?

Permite construír o coñecemento integral dun lugar a partir da participación e o compromiso da sociedade.

É unha ferramenta creativa que facilita a construción dun relato colectivo sobre un territorio.

Esta información se socializa nun espazo horizontal de encontro que apunta a capturar saberes e condensalos nun soporte común “o mapa”.

Está pensado como unha instancia de construción colectiva e participación aberta, permitindo o coñecemento crítico de diversas realidades a partir da memoria cotiá e os saberes non especializados: SABER POPULAR.

As temáticas tratadas foron:

  • Historias e lendas
  • Antigos camiños
  • Lugares de encontro

Seguimos traballando pola comunidade!

Prev
Conversas sobre o Monte Peón

Conversas sobre o Monte Peón

Mapeo colectivo contra a depredación eólica

Next
A valor da auga

A valor da auga

Mapeo colectivo polo lugar de Doade no concello de Beariz