Landuum Paisaxe é a primeira revista impresa e dixital bilingüe especializada en Arquitectura de Paisaxe en México. Fundada en 2016 por profesionais expertos na disciplina, coa intención de crear un espazo de difusión, reflexión e colaboración para profesionais, estudantes e amantes da paisaxe, a cultura e o deseño.
Con 34 edicións publicadas, traballamos día a día para consolidar a Landuum como a plataforma de paisaxismo máis relevante en América Latina. Difundimos proxectos de arquitectura de paisaxe a nivel internacional e compartimos contido que promove boas prácticas para o hábitat e o deseño exterior.
A degradación do patrimonio natural e cultural é unha preocupación constante para nós. Por iso, cremos firmemente que, mediante esta rede, podemos xerar vínculos, intercambiar coñecementos e explorar novos roteiros cara a unha contorna máis consciente, inspirados polo lema que dá vida á nosa revista: “Creadores de mellores lugares.
Os nosos compañeiros Manuel Bugallo e Crsitina Villaverde participaron cun artigo chamado «Deuses e maios» no nº21 dedicado a «Paisaxes astronómicas». Abórdase parte do seu estudo no núcleo tradicional de Laxedo na Lama, onde os elementos escultóricos teñen unha clara vinculación coas especies vexetais, os ciclos da agricultura e relación cos astros como o sol e a lúa.
A revista atópase en versión impresa e dixital, deixámosvos un vinculo a esta última.