Deixámosvos un pequeno fragmento do artigo elaborado pola nosos compañeiros Fran e Manuel na revista cultural A Pedreira do Concello dá Lama relacionado coa exietencia de una posible pedra oscilante.
A primeira noticia que escoitamos sobre a existencia dunha pedra de abalar no concello da Lama tivo lugar en decembro do ano 2019 dentro da xornada cultural “O valor do noso, por un rural vivo” organizada polo Colectivo Cabalar Crecente. Durante a andaina matutina, varios dos veciños desta parroquia comentáronlle ao bo amigo e pioneiro na divulgación do patrimonio etnográfico de Galicia, Xoán Arco da Vella, da existencia dunha pedra oscilante no lugar da Casavella, na parroquia de Seixido.
O lugar da Casavella atópase localizado ao sur da parroquia de Seixido. O historiador e profesor Xosé Carlos Morgarde Martínez, no seu libro, “A Lama. Os nomes dos lugares” sinala:
Neste sentido, o topónimo do núcleo rural non fai alusión á existencia da pedra oscilante.
Como consecuencia do estado de alerta derivado da pandemia mundial ocasionada polo COVID19, tardamos uns meses en poder ir comprobar a veracidade e rigorosidade da posible existencia dunha pedra oscilante no noso territorio. Foi a finais de setembro cando puidemos achegarnos ao lugar da Casavella a canda Xoán Arco da Vella, Fernando Orge de Taboadelo e os veciños de Cabalar -parroquia de Seixido-, Mercè Alegría, Verena Christine, Miguel Angel Mazas, Ximena Mazas e Luis Seijas.
Ao chegar ao lugar da Casavella dirixímonos cara ao sur pola estrada que leva deica os límites coa parroquia de Xesta. A pouco máis de 400 metros atopámonos cun pequeno descampado que serve como punto de referencia para situar o lugar, avistando ao lonxe o conxunto granítico.
Pouco e pouco, adentrámonos polo mato conformado por fentos e toxos, subindo cara a zona alta da montaña en dirección ao conxunto pétreo, camiñando uns 115 metros aproximadamente por un pequeno vieiro formado polas escorreduras de auga dun manancial situado nas inmediacións. Ao chegar pola cara sur é difícil apreciar se se trata dunha pedra oscilante, xa que a propia configuración do conxunto e a vexetación ocasionan unha difícil lectura do lugar.
Deixámosvos o artigo completo!