Noite de mortos en Laxedo

Cartografía de noite de mortos en Laxedo. ©BUO ESTUDIO

O pasado xoves 31 de outubro tivo lugar no núcleo rural de Laxedo na parroquia de Covelo (A Lama) un roteiro cultural oragnizado por Oitaven Life, tendo ao noso compañeiro Manuel como guía dun lugar no que leva anos traballando.

Un roteiro que combina desde historias privados de Laxedo, a cosmovisión da morte en Galicia e simbolismo masónico da pegada do Conde Cabanelas.

Cimiterio de Laxedo. ©BUO ESTUDIO

A experiencia é unha síntese que combina os traballos levados a cabo polo noso colectivo en relación á arquitectura e paisaxe da morte nos diversos núcleos da Lama, co traballo de Manuel Bugallo e Cristina Villaverde sobre a intervención promovida polo Conde Cabanelas na primeira metade do século XX, onde o simbolismo presenta diversas conexións coa temática da morte.

Vista nocturna de Laxedo. ©Oitaven Life

Prev
As paisaxes incompletas da Serra do Suído

As paisaxes incompletas da Serra do Suído

Mapeo desenvolvido dentro de Laboratorio da Paisaxe no noso territorio

Next
O Laxedo do conde no Culturgal

O Laxedo do conde no Culturgal

Pequena presentación no mundo editorial cultural da cidade de Pontevedra