Esta semana o noso compañeiro Manuel estivo por Culturgal na caseta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentando o libro do que é coautor xunto a Cristina Villaverde Ruibal, Arquitectura e símbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia Rural.
O libro conto cunha axuda económica por parte do COAG, realizándose unha pequena presentación do mesmo arroupado polo decano do colexio Luciano Alfaya, o delegado de cultura Luis Gil Pita e Isabel Blanco, ilutradora da tapa do libro.

Fálose da importancia de publicacións deste tipo que poñan en valor o noso rural e máis aínda cando se trata dunha publicación que aborda temas de arquitectura, urbanismo e simbolismo.
A espera da presentación oficial no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o próximo 11 de decembro deixamos este pequeno adianto, non sen antes dar os parabéns a Cristina e Manuel.
Forza Laxedo!