O pasado mércores 11 de decembro, tivo lugar a presentación do libro «Arquitectura e símbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia Rural» da man dos nosos compañeiros, Cristina Villaverde e Manuel Bugallo dentro dun marco inmellorable como foi o auditorio principal do edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Co apoio institucional do Museo de Pontevedra e a estupenda organización do Ateneo de Pontevedra puidemos desfrutar dunha velada estupenda ben arroupados por familiares, amigos, veciños de procedentes dos concellos da Lama, Fornelos de Montes, Pontecaldeas e da mesma cidade que se achegaron a coñecer os pormenores da publicación.

Manifestaron estar especialmente agradecidos con Xaime Toxo presidente do Ateneo e Luis Gil Pita delegado da comisión de cultura do Colexio de Arquitectos de Galicia por magnificas intervencións que deron comezo á velada.
Cristina e Manuel puideron explicarnos os pormenores do desenvolvemento do libro así como unha serie de anécdotas contorna á o binomio conformado polo benefactor, Don Manuel Barreiro Cabanelas ou «conde Cabanelas» e o seu curmán o gran escultor Alejandro Cabanelas Araujo, e a forte pegada urbano-paisaxística deixada en Laxedo.
A paisaxe do conde
A publicación desenvolve un estudo minucioso sobre este núcleo pontevedrés aos pés da Serra do Cando onde se levo acabo unha intervención urbanística pioneira desenvolvida no primeiro terzo do século XX.
A actuación levada a cabo, introduce unha serie de principios de planificación urbana pioneiros para a época nun núcleo rural. Aplicados polo conde a partir dos seus grandes coñecementos sobre plan urbanístico como consecuencia dos seus status social dentro da cidade carioca do Río de Janeiro.
A introdución de principios hixienistas, a consolidación e expansión dos núcleos existentes, a creación de equipamentos sociais acompañados dunha serie de elementos escultóricos cun claro simbolismo masónico confirman que «o mundo» paso por Laxedo.

Arquitectura e símbolos de Laxedo, reflicte a realidade dun núcleo rural extremadamente singular non só da propia Galicia senón dentro da península ibérica.