Presentamos a segunda idea do LoboLAB, “A rolda”. A idea principal sería a recuperación, posta en calor e divulgación de modelo histórico de xestión comunitaria e gandeira, tomando como escenario o patrimonio material das chozas do Suído.
Mais alá do aproveitamento dos pastos das altas montañas en época estival, a Rolda era esencial frente a custodia do rebaño frente ao Lobo.
A idea e transformar as Roldas nun recurso activo de dinamización patrimonial, sostibilidade e educación ambiental
En palabras da antropóloga e socióloga Belén Carballo:
A motivación principal é continuar a miña investigación xa iniciada no ano 2018.
A necesidade de transformar un estudio académico a un recurso activo para o territorio, que a memoria sobre o desenvolvimiento da Rolda se poida transformar nun elemento de experimentación colectiva e co-creación.
Queremos dar as grazas a Belén por formar parte do LoboLAB.