Lobo LAB / Idea nº4 – Correspondencia comunitaria

Bea Amorín propón un achegamento moi humano ao territorio

A proposta consiste na creación dun proxecto de correspondencia comunitaria entre habitantes do territorio e persoas maiores da zona, utilizando cartas manuscritas como ferramenta de vínculo, escoita e recuperación da memoria cultural e emocional da serra.

A través do intercambio de cartas preténdese recoller historias, cancións, lendas, formas de vida, palabras antigas, receitas, recordos do monte e da paisaxe, así como experiencias vinculadas ao territorio e á identidade rural.

En palabras de Bea Amorin:

A carta funciona aquí non só como medio de comunicación, senón como un espazo de pausa, atención e coidado.

O proxecto busca activar relacións humanas e recuperar memorias invisibles que normalmente non aparecen nos arquivos oficiais, pero que forman parte esencial da cultura e da vida comunitaria.

A proposta podería derivar tamén en encontros, lecturas colectivas, rexistros sonoros, exposicións ou creacións artísticas vinculadas ás cartas e ás memorias compartidas.

Queremos dar as grazas a Bea por formar parte do LoboLAB.

Prev
Lobo LAB / Idea nº3 – A Rolda

Lobo LAB / Idea nº3 – A Rolda

Belén Carballo fálanos sobre custodia e manexo de gando na serra

Next
Lobo LAB / Idea nº5 – Entre o zumbido e a pegada

Lobo LAB / Idea nº5 – Entre o zumbido e a pegada

A matogueira como nexo de unión entre flora, fauna e comunidade