A Serra do Suído está construída sobre equilibrios invisibles. Durante séculos, especies como o lobo ibérico e as abellas formaron parte dunha rede ecolóxica complexa que regulaba o territorio de forma silenciosa. Ambos comparten unha condición común: están presentes aínda que de cando en cando se deixan ver. As súas pegadas son indirectas, pero fundamentais para a saúde do ecosistema.
Hoxe eses equilibrios están a cambiar. A expansión da Vespa velutina ameaza aos polinizadores e altera cadeas ecolóxicas esenciais. Ao mesmo tempo, o abandono rural, o envellecemento da poboación e a desaparición de saberes tradicionais xeran novas fracturas entre comunidade e territorio.
En palabras das Melerias do Suído:
O proxecto propón explorar como se están construíndo as novas dinámicas ecolóxicas e sociais do Suído, entendendo a paisaxe como un sistema vivo onde natureza, memoria, tecnoloxía e comunidade deben volver conectarse.
A proposta parte dunha pregunta central: Como podemos axudar a reconstruír a relación entre as persoas e os ecosistemas invisibles que sosteñen a vida na Serra do Suído?
Queremos dar as grazas as Meleiras do Suído por formar parte do LoboLAB.