Lobo LAB / Idea nº6- Os foxos do lobo do Suído

Descubrindo trampas tradicionais ao longo da serra

Deixámosvos a última das ideas presentadas que busca a posta en valor do territorio a través dun percorrido polos fosos de lobo da serra.

Os fosos son un claro exemplo do traballo mancomunado da serra, desde a construción de estruturas cunha gran escala territorial ata o acto da propia batida do Lobo ata as festividades que fan alusión ao control do “demo” ou o “bicho”.

Poñer en valor non só estas estruturas tradicionais centenarias desde o punto de vista do patrimonio material senón tamén a través do inmaterial e natural.

En palabras de OitavenLife:

Coñecer a historia do Lobo e do Suido facendo un percorrido en 4×4 por todos os foxos dos lobos da Serra, poñendo o valor o patrimonio material, inmaterial e natural.

Queremos dar as grazas a OitavenLife por formar parte do LoboLAB.

Prev
Lobo LAB / Idea nº5 – Entre o zumbido e a pegada

Lobo LAB / Idea nº5 – Entre o zumbido e a pegada

A matogueira como nexo de unión entre flora, fauna e comunidade

Next
O Lobo LAB na revista  PH

O Lobo LAB na revista  PH

Paisaxes invisibles do lobo na revista do Instituto Andaluz do Patrimonio