Presentamos a terceira idea do LoboLAB, “A fenda da auga”. Busca poñer en valor o rural contemporáneo, o seu pasado e defendelo ante propostas de desenvolvemento irrespectuosas coa contorna e a vida dos seus habitantes cunha proposta artística.
A motivación é facer posta en valor do noso rural contemporáneo; do seu pasado, e defendelo ante propostas de «desenvolvemento» que poden ser irrespetuosas co entorno, e incompatibles coa vida nas aldeas
En palabras de Elena Buch:
Mediante técnica fotográfica analóxica, na que a auga forma parte esencial do proceso; facer unha reflexión do que a auga representa, a nivel natural, sociolóxico e patrimonial.
As pezas creadas representarán gráficamente elementos dos temas antes mencionados, e abrirán o dialogo entre o que significan actualmente, fronte o que nos conta o pasado, e o que proxectamos na expectativa de futuro.
Queremos dar as grazas a Elena por formar parte do LoboLAB.