A proposta consiste na creación dun proxecto de correspondencia comunitaria entre habitantes do territorio e persoas maiores da zona, utilizando cartas manuscritas como ferramenta de vínculo, escoita e recuperación da memoria cultural e emocional da serra.
A través do intercambio de cartas preténdese recoller historias, cancións, lendas, formas de vida, palabras antigas, receitas, recordos do monte e da paisaxe, así como experiencias vinculadas ao territorio e á identidade rural.
En palabras de Bea Amorin:
A carta funciona aquí non só como medio de comunicación, senón como un espazo de pausa, atención e coidado.
O proxecto busca activar relacións humanas e recuperar memorias invisibles que normalmente non aparecen nos arquivos oficiais, pero que forman parte esencial da cultura e da vida comunitaria.
A proposta podería derivar tamén en encontros, lecturas colectivas, rexistros sonoros, exposicións ou creacións artísticas vinculadas ás cartas e ás memorias compartidas.
Queremos dar as grazas a Bea por formar parte do LoboLAB.