
O pasado xoves 31 de outubro tivo lugar no núcleo rural de Laxedo na parroquia de Covelo (A Lama) un roteiro cultural oragnizado por Oitaven Life, tendo ao noso compañeiro Manuel como guía dun lugar no que leva anos traballando.
Un roteiro que combina desde historias privados de Laxedo, a cosmovisión da morte en Galicia e simbolismo masónico da pegada do Conde Cabanelas.
A experiencia é unha síntese que combina os traballos levados a cabo polo noso colectivo en relación á arquitectura e paisaxe da morte nos diversos núcleos da Lama, co traballo de Manuel Bugallo e Cristina Villaverde sobre a intervención promovida polo Conde Cabanelas na primeira metade do século XX, onde o simbolismo presenta diversas conexións coa temática da morte.
