Laboratoria da Paisaxe – Serra do Suído

Reflexión sobre as dinámicas locais no noso territorio

O 26 e 27 do pasado mes de outubro tivo lugar a quinta edición de «Laboratorio da Paisaxe» – Serra do Suído» dentro dos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes.

Este proxecto cultural nace no ano 2020 baixo a dirección artística da arquitecta e xestora cultural Sheila García, a coordinación de Costa Oeste e a colaboración da colectivos Cultura Tirante e Espazo16.

«Laboratorio da Paisaxe» é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención artística que se desenvolve na área paisaxística das Rías Baixas, un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego.

Nace do cruzamento entre a fotografía, a escultura, a pintura , o land art e a arquitectura da paisaxe coas comunidades locais, o seu patrimonio natural e cultural.

Nesta edición de Laboratorio de Paisaxe, o noso colectivo O Suído (SuidoLAB), xunto a Costa Oeste, desenvolveron de xeito conxunto o deseño, a coordinación e a mediación cos axentes locais que forman parte da nosa rede comunitaria.

O laboratorio comezou coa presentación por parte de Sheila García do taller «Outras miradas do Suído» onde se convido aos participantes para captar imaxes de se experiencia no LAB, co fin de dar forma a unha mostra fotográfica itinerante do noso paso pola serra.

Despois deuse paso ao comezo do fotomapeo «Paisaxes incompletas» impartido polos nosos compañeiros Fran García e Manuel Bugallo, cuxa finalidade era buscar durante todos os días do seminario, esas partes da paisaxe que dunha forma topográfica, emocional ou visual consideramos inconclusas ou en constante evolución.

O grupo de participantes puidemos desfrutar dunha experiencia de apicultura xunto ás «Meleiras do Suído», Melissa Terán e Fátima Estévez no núcleo da Laxe en Fornelos de Montes, recibindo coñecementos teóricos á vez que prácticos coa visita ao colmenar situado na serra.

Obradoiro das Meleiras do Suído. @Laboratorio da Paisaxe

O biólogo «Julio Eiroa» penétronos ao pasado e presente do Serradoiro de Vos Carrano situado na parroquia de Barcia de Mera utilizando a fotografía introspectiva como unha forma de auto-reflexión visual mediante a procura de distintas formas e patróns.

No serradoiro de Carranos con Julio Eiroa. @Laboratorio da Paisaxe

No mesmo serradoiro, puidemos desfrutar dunha charla denominada «Pyrocumulus» sobre ecoloxía do lume impartida por Gustavo Álvarez onde aprendemos a orixe e as causas dos incendios, a súa evolución nos últimos anos e o futuro que nos depara para a xestión do monte galego.

Pyrocumulus por Gustavo Álvarez. @Laboratorio da Paisaxe

O domingo pola mañá, retómose o mapeo de «Paisaxes incompletas» para que todos puidésemos compartir a través das imaxes capturadas, as diversas formas como nos relacionamos coa paisaxe a través da nosa percepción.

Paisaxes incompletas do SuidoLAB. @Laboratorio da Paisaxe

O laboratorio pechou cunha marabillosa actividade xunto ao escultor «Xésus Padín» no lugar da Lama. A través dunha visita á súa galería e taller puidemos coñecer a súa evolución escultórica desde a talla en pedra ata a talla en madeira, cun coñecemento exhaustivo sobre o material pétreo e as especies arbóreas que dan forma á súa obra.

Xesús Padín no seu obradoiro. @Adrián Porima

Dende Barro, Barcelona, Compostela, A Coruña, Gondomar, Marín, Noia, Ourense , Pontevedra, Ribadavia e Vigo chegaron as persoas participantes desta edición no Laboratorio da Paisaxe – Serra do Suído.

A continuación deixámosvos un vídeo que describe aínda mellor a breve descrición ante exposta.

Prev
As paisexes invisibles

As paisexes invisibles

Diálogos no territorio galego

Next
As paisaxes incompletas da Serra do Suído

As paisaxes incompletas da Serra do Suído

Mapeo desenvolvido dentro de Laboratorio da Paisaxe no noso territorio